Canto me vai custar o envío?
O custo e os gastos de envío xa están incluídos no prezo do lote de produtos, polo que non terás que pagar ningún importe adicional polo transporte.
O pedido mínimo é de 1 caixa de mariñeiras.
Se necesitas algunha recomendación sobre como completar o teu carriño, non dubides en contactar connosco, estaremos encantados de axudarche.
Como recibirei o meu pedido?
Sempre usamos un servizo de entrega adecuado para garantir que os nosos produtos cheguen en perfectas condicións.
Ao tratarse de produtos alimentarios, é importante que cando chegue o teu pedido o revises e o gardes correctamente segundo as indicacións do produto, para que se manteñan en perfecto estado.
Asegúrate de que vai haber alguén na casa para recibilo. O servizo de transporte terá o número de teléfono que ti nos facilitas para poder poñerse en contacto contigo en caso de que fose necesario.
Canto tarda o envío?
Os pedidos entréganse de luns a venres en días laborables (excepto festivos).
O tempo estimado de entrega é de 72 horas desde a confirmación do pedido.
En caso de haber algún festivo polo medio, este tempo poderíase prolongar.
Unha vez que fagas o teu pedido poderemos dicirche con maior seguridade cando poderás recibilo na túa casa. En todo caso, cando o teu pedido estea listo para saír enviarémosche unha notificación, así poderás estar informado en todo momento de onde se atopa o teu envío.
Tamén terás liña directa vía móbil, email ou WhatsApp co noso equipo, que te informará en todo momento do estado do teu pedido.
Podes contactar connosco sempre que lo necesites en:
Email: pedidos@daveiga.es
WhatsApp: 621 145 143
Teléfono fixo: 982 44 02 22
En que zonas facedes entrega de pedidos?
Polo de agora podemos realizar envíos unicamente a España península. Se es de algunha outra zona e queres realizar un pedido, por favor contáctanos e estudaremos o teu caso.
Fixen un pedido pero non me chegou o mail de confirmación Que fago?
En primeiro lugar, debes comprobar que o mail non che chegara como "Correo lixo", xa que en ocasións algúns correos poden ir á bandexa de spam.
Se o comprobaches e aínda así non atopas o mail de confirmación, non dubides en contactar directamente connosco a través do teléfono ou correo electrónico. Informarémosche persoalmente do estado do teu pedido.
Email: pedidos@daveiga.es
WhatsApp: 621 145 143
Teléfono fixo: 982 44 02 22
Como podo consultar o estado do meu pedido?
Nada máis facer o teu pedido enviarémosche un email de confirmación. Cando o teu pedido estea listo para ser enviado coa empresa de transporte tamén te avisaremos vía email.
Cando o teu pedido xa estea en tránsito, a empresa de transporte facilitaranos información sobre o seu estado.
De todas formas, en calquera momento podes escribirnos ou chamarnos e informarémosche persoalmente.
Cal é o horario de entregas?
O servizo de entregas realízase de luns a venres en días laborables (excepto festivos).
Unha vez que o teu pedido estea en camiño, poderemos darche información máis detallada sobre a entrega.
As axencias de transporte sempre terán o número de teléfono que nos facilites e poranse en contacto contigo sempre que sexa necesario.
Que ocorre se o pedido chega tarde?
Non é normal que ocorra, pero en caso de que isto sucedese e o pedido se atrasase, porémonos en contacto contigo para informarte persoalmente do motivo do atraso e cando se fará efectiva a entrega.
Que ocorre se non podo estar na franxa horaria do meu pedido?
Se xorde calquera circunstancia que che impida estar no enderezo de envío, non te preocupes, ponte en contacto co equipo e xestionaremos unha solución para a entrega do teu pedido.
Se non nos puideras avisar e non estás no domicilio cando chegue o pedido, este será devolto á delegación da empresa de transportes correspondente ata que se poida realizar unha nova entrega.
Que fago se me chega un produto danado durante o transporte?
Se isto ocorrese, agradecémosche enormemente que te poñas en contacto connosco, así poderemos averiguar que foi o que pasou e poñerlle solución o antes posible.
Se durante a entrega ves que a caixa está visiblemente danada ou húmida, por favor anótallo ao repartidor no parte de entrega para que quede constancia.
É importante, ademais, que nos fagas chegar fotos do produto danado. Sen dúbida, o produto defectuoso será reposto da forma máis conveniente.
Non dubides en contactarnos para resolver calquera dúbida:
Email: pedidos@daveiga.es
WhatsApp: 621 145 143
Teléfono fixo: 982 44 02 22
Permítense devolucións?
Por norma xeral non aceptamos devolucións, salvo aqueles pedidos que presenten un produto defectuoso.
Que pasa se hai algún cambio no meu pedido?
Se hai calquera cambio relacionado co teu pedido, debes contactar directamente connosco a través do teléfono ou correo electrónico indicados.
Podo facer cambios no meu pedido xa tramitado?
Non podemos aceptar ningún tipo de cambio no contido do pedido. Unicamente se poderán realizar cambios en:
- Datos de envío
- Datos de contacto
Para iso, debes poñerte en contacto inmediatamente connosco a través do teléfono ou correo electrónico indicados.
Podo cancelar o meu pedido?
Non aceptamos cancelacións de pedidos.
É posible enviar o pedido a un enderezo diferente ao titular do pago?
Claro que si, podemos entregar o pedido no enderezo que ti elixas sen ningún problema. Simplemente durante o proceso de compra engade o enderezo que desexes para facer a entrega.
Cales son as formas de pago?
As formas de pago aceptadas son:
- Tarxeta de crédito ou débito
- Transferencia bancaria
- Bizum
A miña tarxeta dáme un erro e non podo finalizar o pago
É verdade que ás veces as tecnoloxías tamén fallan. En ocasións é suficiente con refrescar a páxina ou volver intentalo máis tarde. A tarxeta puede ser rexeitada por unha das seguintes razóns:
- Pode que a túa tarxeta estea caducada
- Pode que se alcanzara o límite da tarxeta
- Pode que algún dato introducido sexa incorrecto
Comproba que encheras correctamente todos os campos necesarios.
É seguro facilitarvos os datos da miña tarxeta?
Por suposto que si. Non temos acceso aos teus datos bancarios en ningún momento. Ao entrar no proceso de pago, redirecciónaseche á pasarela de pago segura do banco e os teus datos son totalmente confidenciais.
Tendes atención ao cliente? Como podo contactar convosco?
Somos totalmente transparentes e queremos que a túa experiencia de compra online sexa satisfactoria e personalizada. Podes poñerte en contacto connosco a través de:
Email: pedidos@daveiga.es
WhatsApp: 621 145 143
Teléfono fixo: 982 44 02 22
Estaremos encantados de atenderte e resolver calquera dúbida que teñas.